Quen somos
Sobre nos
Os nosos inicios
Dalle que Dalle naceu no 2014 como centro de coworking en Vilagarcía de Arousa. Desde o seu inicio a súa misión foi máis alá de alugar espazos e involucrouse plenamente no fomento do emprendemento e o desenvolvemento económico local.
Misión actual
A partir do 2020 comezou a medrar como centro de innovación social, involucrándose nos primeiros proxectos que impulsaron a nosa cooperación con importantes ONG a nivel nacional e reorientando os nosos obxectivos. A incorporación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) como un dos nosos valores fundamentais marcou unha folla de ruta que definiu os nosos pasos nos últimos anos.
Tal e como amosan os nosos estatutos, entre os nosos obxectivos destacan:

Deseñar e desenvolver proxectos e programas sociais, educativos e informativos para promover e mellorar a empregabilidade das persoas.

Formar e promover a economía verde e azul, a economía social e sostible.

Promover a innovación social e tecnolóxica.

Promover a igualdade de xénero e potenciar a participación en igualdade na vida económica, cultural e social.

Fomentar a saúde e o benestar integral das persoas tanto físico, como emocional, social e económico como inversión de futuro.

Promover a creación de centros de inserción laboral para a formación sociolaboral de persoas en situación de exclusión social.
Equipo en femenino
O modelo cooperativo foi sempre representativo dos nosos valores, baseado na democracia e no reparto xusto e equitativo dos beneficios, en función do traballo de todas as persoas socias. Así, sentímonos orgullosas de promover este modelo de economía social, impulsándoo e defendendo as súas virtudes alá onde imos.
Aliñamos por tanto todos estes valores nos estatutos da cooperativa, transformándonos nunha entidade sen ánimo de lucro, con obxectivos ligados á sostebilidade nas súas tres vertentes: económica, ambiental e social. Cremos firmemente que non hai equilibrio posible nin perdurable no tempo sen que estas tres patas estén proporcionadas.
E como non podía ser doutro xeito, nunha cooperativa formada por tres socias mulleres, a loita pola igualdade e a visión feminista son parte fundamental dos nosos proxectos.

Laura Vidal Bralo
Coordinadora de proxectos de sostibilidade e formación

Susana Loroño Mondragón
Coordinadora de proxectos de innovación e xestión de coworking

Lorena Leiro Paz
Coordinadora de proxectos de inclusión social e igualdade
