Emegas XXI

Emprego no rural

O OBXECTIVO: Capacitar a mulleres emprendedoras en habilidades dixitais e estratexia empresarial para impulsar os seus proxectos no rural.

DESCRICICIÓN:  formación de 30 horas en Economía Social, dixitalización e estratexia de negocio para mellorar habilidades dixitais vinculadas a desenvolvemento de negocios, que poden supoñer unha mellora na empregabilidade, un impulso para levar a cabo unha idea de negocio, unha mellora nun negocio xa establecido ou uha forma de adaptarse ás novas normativas que entrarán en vigor nos vindeiros anos.

A QUEN VAI DIRIXIDO: dirixida a todas aquelas mulleres  rurais que teñen unha idea, están iniciando un negocio, buscan transitar cara a Economía Social ou traspasar as súas empresas.  

ONDE E CANDO: Na Aula CeMit ou nalgunha aula de informática ou en remoto. As participantes poden decidir seguir a formación dende as súas casas sempre que conten con dispositivos con conexión a internet. Recoméndase seguir a formación mediante ordenador, para poder facer todos os exercicios que se propoñen. Pódese marcar o horario de preferencia no formulario de inscrición. 

PREZO: sen custo para as persoas participantes. 

INSCRICIÓNS: https://forms.gle/svFAbmy31GdtVXTQ8

 

FINANCIAMENTO: Este proxecto está financiado polo PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS EN POLÍTICAS DE XÉNERO NO ANO 2026 da Deputación da Coruña